Durante o curso 2012-2013, dentro da programación da materia de EPVA, Fernando de Castro; profesor de Luís Pazos no IES de Porto do Son, propón un traballo de 4º curso da ESO. Este proxecto consiste na creación dunha marca, branding, logotipo, libro de estilo e aplicacións deste para diferentes produtos. O primeiro obxectivo é que os alumnos aprendan o proceso e sobre todo crean nas súas posibilidades como futuros emprendedores. O segundo obxectivo é realizar un traballo na clase o máis profesional posible para que unha suposta saída ao mercado sexa o máis próxima á realidade. O proxecto preséntase en público coa obriga de defendelo diante dos seus compañeiros coma se de clientes ou investidores se tratase.

foto-porto-do-son-pequena.jpg

Unha vez rematada con éxito, tanto a presentación como o perfeccionamento da marca en 2014, Luís decide dar forma a todo este proceso e levar ao mercado os seus produtos. O grao de aceptación da marca alcanzado é moi alto a nivel local, o que xera a necesidade de dar pasos cara a un segundo nivel no que se precisa unha organización máis profesional, rexistro de marca e produtos de maior calidade. Para este avance Luís decide contar co asesoramento do seu profesor e dun coordinador de proxectos para organizar este proceso: Francisco Alvite.

rompetinojump_11_3_16.jpg

O profesor Fernando de Castro desenvolve unha vida profesional paralela ás súas clases como deseñador de marcas e artista plástico, colaborando habitualmente con Francisco Alvite neste tipo de proxectos. A proposta de Luís é ben acollida por ambos e deciden emprender a viaxe cara a un obxectivo máis ambicioso; converter a marca Rompiente Clothing como un referente a nivel galego e situar a Porto do Son no mapa cultural e téxtil.

martin-pose.jpg

O primeiro paso para acadar este obxectivo foi a profesionalización do deseño e fabricación dos produtos RP e a posta en marcha dunha e-commerce. O seguinte paso foi a creación dun equipo xove de riders con proxeción nas súas disciplinas (surf, bodyboard, bmx, descenso urbano,…) e por último a presentación dunha plataforma de exhibición do talento da cultura urbana no rural. Rompiente Clothing representa este estilo de vida e a súa orixe levou á organización dun evento cultural onde os xóvenes talentos de diferentes disciplinas poidan amosar as súas habilidades nun entorno rural.

Así nace o Rompetiño Jump, como un recordo e un compromiso a eses primeiros pasos da marca na escola e unha oportunidade para entender a beleza das disciplinas que nos representan fora das cidades.

A nosa intención non é competir con Vigo, Ourense ou Coruña, pero cremos que é posible facer o máis grande desde o sitio máis pequeno. Deportes con culturiña!

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password